31 mayo, 2005

O concilio das Sombras, As cronicas de Dakka IV

Bueno continuamos coa cronica da partida de vampiro:

Las Cronicas de Dakka IV

"Lilith foi apresada e conducida ante a presencia dos máis antigos Cainitas, que convocoran un cónclave ó que acudiron os máis respetados Xusticars da época. Lilith foi xulgada, declarada culpable e condenada a morrer na cruz coa saída dos primeiros raios do sol, para que o seu martirio servise de escarmento a tódolos seus seguidores. So eu, Samael, tiven a honra de acompañala nos derradeiros intres da súa vida. Alí, axeonllado baixo a cruz fun testemuña do seu sufrimento.
Ela permaneceu en silencio, soportano a fría dor que lle producían os cravos, ata que, pouco antes da saída do Sol, ergueu a cabeza e mirándome fixamente ordenoume que fuxira da cidade cos seus seguidores, pois todo aquel que alí permanecera estaría condenado pola ira de Deus"
Y así fue como murió Lilith y como los que le seguían emprendieron su misión evangelizadora. Pero lo más importante de todo se centra en el Cáliz que contenía la sangre de Lilith, y que convertiría al que lo bebiese en el vampiro más poderoso de todos los tiempo. La historia de este cáliz comienza en la última cena de los apóstoles con Lilith:
"Da súa man traía Lilith unha nena mortal e recollido contra o seu peito un meniño que apenas tería uns meses. "O meu tempo entre vos esgótase, pero non debedes sentir pena por min, pois o meu destino estaba escrito. Tampouco debe sentir incerteza a vosa alma, pois non vos abandono, o meu poder permanecerá convosco". Colocounos sobre unha bandexa de ouro e con delicada crueldade, unha das unllas abriuse paso a través da tenra carne das criaturas ata cravarlla na xugular. A visión do sangue quente esvarando de vagar polo pescociño dos cativos inundou violenta os nosos ollos. Entón Lilith dixo con voz solemne: "Ata no máis inocente dos seres aniña a semente do pecado orixinal. Dela brotarán as raices do egoismo das que medrará a árbore da maldade. Nin tan sequera as cándidas vidas dos nenos poden ser perdoadas. Non sintades penar por eles, pois non merecen a vosa compaixón. Agora ofrézovos as vidas destes cativos, para que provedes que a forza das vosas crenzas non se verá quebrada polo paso do tempo, cando eu xa non camiñe entre vos"
Lentamente, os cativos foron pasado polas nosas vacilantes mans. Un tras outro, tódolos apóstoloes cumprimos as ordes de Lilith, afundindo os nosos colmillos no pescozo dos nenos, e bebendo o seu sangue ata segar as súas vidas inocentes.
O sacrifico cunsumárase e todos logramos superar con éxito a proba á que Lilith nos sometera. Entón, collendo unha daga, Lilith fixo un pequeno corte no seu pulso esquerdo e deixou que das súas veas abertas manara o sangue, que verteu lentamente nun cáliz de prata. Portando o Caliz na súa man dereita avanzou con decisión cara a Geburah, a quen lle fixo entrega do mesmo: "Neste cáliz atópase o meu sangue inmortal que deberá ser consucido ata a Cidade das Sombras onde serán construidas as nove portas polas que a escuridade será desatada sobre o mundo, chegando o momento do Apocalipse. Geburah, ti seguíchesme fielmente ata este momento, e sei que me seguiras sevindo con igual lealtade logo da miña morte. A miña fe en ti é cega, por iso confíoche este cáliz coa misión de que o conduzas ata a cCidad das Sombras. Unha vez que acades o teu destino, aqueles que ali te agardan, haberante atopar para indicarche o camiño que debes seguir. Toma tamén esta lousa de pedra, pois ela serviraos de guía na vosa travesía. Agora partide sen máis demora. As sombras alumearán o voso camiño"
E así foi como Lilith lle entregou o Cáliz a Geburah, coa orde de partir inmediatamnet na compaña do resto dos apóstolos."
Y así fue como los apóstoles desaparecieron de nuestras vidas. No se me cansen, que ya flata poco, comprendo que es una introducción un tanto larga, pero me han dicho que quieren saber los que ocurrió aquella noche, y no pueden comprender la magnitud de los hechos y su significado sin conocer todo esto antes.


Deica.

No hay comentarios: