13 octubre, 2006

Espertamos

Boas,
xa esotou por aqui de novo despois de deixar durmir este blog durante tanto tempo, xa tiña ganas de espertalo, ademais vai espertar cun post en galego.XDDD
Xa van meses que non escribo nada, e nestes meses pasaron moitas cousas interesantes, rematei o ano anterior axudando con un par de portais de anime que naceron despois de haber morto Spanishare, portal onde coñecin moita xente interesante e onde o pasaba moi ben co ambiente que tiñamos, pois co fin de non perder ese ambiente crearonse portais como a recentemente desaparecida Tanoshii e como AnimeSPS, nas que axudei facendo algun que outro apaño, ademais en Tanoshii creamos un fansub, do que formo parte (Tanoshii Fansub), falarei e outros post sobre animesps, que esta preparando a sua v2, e do fansub sobre todo para ir fancendo algo de publicidade das series que saquemos.
Do que mais quero falar nestes momentos é deste verán, penso que foi o mellor da miña vida, nun principio presentabase como un ano calquera, coa visita obligada a Ons, moito traballo na casa e demais, pero este ano foi especial polos amigos que me acompañaron a Ons, non puideron os compañeiros de sempre, do grupo de amigos de Pontevedra, e o pobre Paulo que estaba traballando en Madrid perdeuse a visita as illas por N-sima vez, pero tiven a sorte de convencer para acompañarme a algun amigo que coñecin en Spanishare, Ishvara, Wish e un par de amigos de Wish que a acompañaron dende Madrid (Alfonso e Félix), gracias a eles paseino moi ben en Ons e ademais alargamos as vacacións quedando algun tempo en Combarro e en Santiago, asi me pasei case todo agosto con Wish e Ishvara, teño pendente un monografico sobre Ons, pero iso sera cando algun de estes me deixe colgar as fotos en internet.
Bueno, non quero alargar demasiado este post, pero sinto que me quedan moitas cousas mais que contar, pero reservareime para mais adiantes, con esto remato e intentarei poñer algun post sobre anime.

Deica.

4 comentarios:

Wish dijo...

Total, que fue un verano tan bueno porque estuviste con Al y Félix. xDD

tmmachine dijo...

Esta claro que Ish e ti non tivestes nada que ver, por iso mesmo me pasei o resto do verán con vos. XDDDD

paulo dijo...

¡¡¡¡tmm existe!!!! Que sorpresa ó volver entrar por eiquí e ver isto redivivo. Agora só falta que resucite o meu blog tamén xDD

tmmachine dijo...

iso, iso, a ver se o resucitas.

Deica.